A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
A Fundación Luís Tilve e o PSdeG-PSOE subscriben un convenio para a xestión do Fondo Histórico Documental do Socialismo Galego:
O 11 de marzo, na sede do PSdeG-PSOE, en Santiago de Compostela, o Secretario Xeral dos socialistas de Galicia, Pachi Vázquez e o Presidente da Fundación Luís Tilve, Jesús Mosquera, asinaron un convenio polo cal ambas organizacións colaborarán na elaboración dun fondo histórico do socialismo galego, saldando "unha asignatura pendente" cos 132 anos de historia do socialismo galego.
O convenio permitirá á Fundación Luís Tilve realizar un traballo de recopilación de datos e documentos da historia do socialismo galego, co obxectivo de "documentar todo o que o socialismo galego fixo polas liberdades deste país", como salientou Pachi Vázquez na rolda de prensa posterior á sinatura do convenio. Vázquez destacou que este traballo "servirá para explicar a Galicia todo aquelo co que estivo comprometido e implicado o socialismo galego ó longo da súa historia, e todo polo que sempre traballamos".
O Fondo histórico "servirá para que queden escritas e documentadas todalas situacións nas que o socialismo galego se implicou e traballou, conseguindo sacar adiante dereitos e liberdades para os traballadores e a sociedade".
Pola súa parte, Jesús Mosquera sinalou que este convenio permitirá á Fundación "cumprir mellor o cometido para o que foi creada, que é a recuperación da memoria histórica das agrupacións socialistas e de todas as organizacións sociais e obreiras que contribuíron a formar a realidade galega de hoxe. Este traballo permitirá completar o Arquivo Histórico das organizacións socialistas de Galicia dende finais do século XIX ata a actualidade", o que supón "un paso moi importante" e "cubre un vacío para rescatar a historia destas organizacións".
O acto tamén contou coa presenza do Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, e do Secretario da Fundación, Rogelio Pérez Poza.


Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España