A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
Conferencia " A deslocalización industrial en Galicia":
Baixo o título de "A deslocalización industrial en Galicia", celebrouse no salón de conferencias do Club Internacional de Prensa unha conferencia-mesa redonda que correu a cargo do enxeñeiro industrial e economista Xan López Facal e que contou coa presencia na mesa redonda posterior con os representantes sindicais :

Eladio Romero Ares: Sº de acción Sindical da Comisión Executiva de UGT-Galicia
Xaime López Golpe Sº de Acción Sindical do S.N. de CCOO de Galicia.
Luís Burgos Díaz: Representante da CIG no CES Estatal
FLT- e o coordinador da CLARIDADE,  Manoel Barbeitos Alcántara, economista.

O conferenciante, Xan López Facal,  subliñou a evidencia de que "vivimos nun mundo unificado pola comunicación, o turismo e as emigracións que comportan a destrucción de fronteiras políticas, económicas e culturais pola explosión masiva das comunicacións e a unificación dos mercados (…) Explosión das redes de comunicación e cooperación económica, implosión do vello orden nacional baseado en soberanías territoriais delimitadas por fronteiras políticas e económicas sacralizadas pola historia e a guerra. Este é o noso tempo e non ten marcha atrás".

Fronte aos que satanizan a globalización Xan L. Facal sublima que "a globalización non é o inimigo dos pobres do mundo, como pretenden moitos abandeirados do altermundismo, o problema reside na inexistencia de organismos multilaterais democráticos para o goberno dun mundo irreversiblemente unificado polas migracións e os intercambios".

A globalización segundo o poñente podémola sintetizar mediante unha serie de trazos característicos:
a. Rápida extensión dos intercambios comerciais e financeiros,
b. Proliferación das empresas multinacionais,
c. Deslocalización productiva,
d. Crecente vulnerabilidade das economías ante as crises financeiras,
e. Apertura a competencia sobre todo tipo de productos,
f. Operatividade declínante das políticas económicas nacionais….etc.

Dende unha perspectiva galega, finalizou Xan L. Facal, temos que sublimar que "Galicia soubo conquistar tamén unha posición de vangarda neste proceso de crecemento e apertura comercial (…) Galicia conta neste contexto de internacionalización coa vantaxe comparativa excepcional da contigüidade xeográfica e cultural con Portugal (…) Galicia foi receptora de importantes deslocamentos industriais que permiten explicar a totalidade do noso sector automobilístico, a comezar pola propia matriz, importantes foron tamén os investimentos procedentes de Portugal e cara o país irmán. A industria pesqueira e conserveira practica desde hai anos unha política de presencia nos mercado latinoamericanos…".

Neste liña os representantes sindicais ademais de subliñar os problemas que para o emprego e a actividade sindical acarrea a deslocalización de empresas tamén apuntaron a que, hoxe por hoxe, a deslocalización non é un problema grave para Galicia que non debe competir en baixos salarios senón en productividade, innovación tecnolóxica, I+D+i, cualificación de man de obra e dotación de equipamentos e servicios industriais.

Finalmente Manoel Barbeitos Alcántara de CLARIDADE apuntou datos encol de o día de hoxe a "deslocalización está lonxe de se-la primeira causa na perda de empregos non soo en Europa, senón en España e Galicia" Desmitificou os argumentos de que sexan os baixos salarios os principias causantes das deslocalizacións, xa que como explicar entón que "sexan os países e as rexións máis adiantadas as principias receptoras de investimento privado?".
Finalmente, e na liña do restos dos poñentes, apostou por que Galicia non compite en baixos salarios -ten a batalla perdida- senón en innovación tecnolóxica, melloras nas infraestructuras e os equipamentos industriais, I+D+i, formación e cualificación da man de obra, etc.

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España