A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
ACTIVIDADES
17 DE OCTUBRO: ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE PABLO IGLESIAS
Aínda que está extendido que a data de nacemento de Pablo Iglesías foi o 18 de outubro de 1879, en realidade foi o día 17 de outubro e así pode comprobarse na imaxe do Libro de Rexistro de Nacementos que achegamos.  
A FUNDACIÓN LUÍS TILVE CELEBRA O SEU 25 ANIVERSARIO
A entidade, que xestiona o Arquivo Histórico do Movemento Obreiro e a Biblioteca Especializada no Mundo do Traballo, conmemora os seus 25 anos cun acto.
A Reforma laboral incrementa a taxa de paro da mocidade galega en catro puntos
8 de marzo, Día internacional da muller traballadora
A reforma laboral e os axustes afondaron nas desigualdades laborais entre homes e mulleres
Nova publicación "Entre a revolución e a reforma: Cuestión agraria e asociacionismo rural (1874-1939)"
Finalizado o I Congreso Nacional sobre Agrarismo en Santiago de Compostela celebrado o pasado mes de Xullo 2009, a Fundación Luis Tilve presenta a súa publicación das actas do congreso.
Organización dos novos fondos documentais do Arquivo Histórico do Movemento Obreiro
A Fundación Luís Tilve ven de desenvolver o proxecto de “Organización dos novos fondos documentais do Arquivo Histórico do Movemento Obreiro” coa colaboración da Subdirección Xeral de Arquivos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
CONVOCADOS OS PREMIOS FUNDACIÓN LUIS TILVE 2016
Os premios serán catro, denominados: “TRABALLO DIGNO”, “ACCIÓN SOLIDARIA”, “DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE E DOS BENS COMÚNS” e “INVESTIGACIÓN E DIVULGACIÓN HISTÓRICA”.
10 MARZO: LEMBRANZA DOS TRABALLADORES QUE MORRERON LOITANDO POR UN CONVENIO DIGNO
Amador Rey e Daniel Niebla morreron nos enfrontamentos coa policía franquista. Os grises tomaron a cidade  e puxéronse a disparar contra todos para dar un escarmento aos manifestantes que tan só querían negociar unhas mellores condicións no estaleiro. Ese día finalizou con 40 feridos e 2 mortos, un resultado esaxerado cuxo único obxectivo foi dar exemplo para que a ninguén se lle volvera a ocorrer protestar.
"Las maestras de la República" en Vigo
A FETE-UGT, coa colaboración da Fundación, presenta en Vigo un documental que recorda a historia das mestras republicanas.
ACTO CULTURAL EN HONOR DE XAIME QUINTANILLA, EN SANTIAGO
O 6 de maio, ás 7 da tarde, no salón de actos do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar), celebrouse un acto en honor de Xaime Quintanilla, esquecido home das letras galegas.

          1 2 3 4 5 6 7 8 9           Siguiente

 

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España