A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve

"CLARIDADE": REVISTA DA FUNDACIÓN LUÍS TILVE



    Na primavera do 2006, froito da inquietude da Fundación pola realidade galega e as súas problemáticas, nace a revista "Claridade", coa vocación de ser un medio útil, ao servizo dos traballadores e do pobo galego, que sirva tamén á Fundación para conseguir os obxectivos polos que foi creada en 1989.

    A revista está dirixida sobre todo aos sindicalistas e o seu entorno social, institucional e político. Quere ser unha publicación aberta e participativa que sume novos esforzos cada día. Pretende informar e abrir horizontes con coherencia e rigor. Sabemos que se fai camiño ao andar, e por iso nos esforzamos en que cada número supere ao anterior.

    Cada número, ademais de información xeral sobre as actividades da fundación, trata monograficamente un tema central, coa colaboración dos mellores expertos na materia a tratar.

Consello de Dirección e Redacción:

    · Xesús Mosquera Sueiro
    · Roxelio Pérez Poza
    · Juan Pais Andrade
    · Domingo Barros Montáns
    · Emilio Garrido Moreira
    · Mª Xosé Rodríguez Galdo
    · Guillerme Pérez Agulla
    · José Ramón Copa Novo
    · Manuel Barbeitos Alcántara
    · Laureano Aragón Arroyo
    · Luís Sánchez Gala
    · Isidoro Gracia Plaza

Consello Editorial:

    · Fernando González Laxe
    · Xesús Mosquera Sueiro
    · Roxelio Pérez Poza
    · José Antonio Gómez Gómez
    · Rosa Arcos Caamaño
    · Juan Pais Andrade


E-mail de contacto: claridade.flt@gmail.com



CATÁLOGO REVISTAS
Revista Claridade. Nº 0
Homenaxe


Revista Claridade. Nº1
Recuperar a Memoria Histórica

Xuño 2006
Revista Claridade. Nº2
Crecemento económico e dereitos

Xaneiro 2007
Revista Claridade. Nº3
O dereito a vivenda

Xuño 2007
Revista Claridade. Nº 4
Pobreza e exclusión

Decembro 2007
Revista Claridade. Nº 5
A economía produtiva galega hoxe

Maio 2008
Revista Claridade. Nº 6.
Os servizos públicos

Decembro 2008
Revista Claridade. Nº 7
Efemerides

Maio 2009
Revista Claridade. Nº 8
As pensións

Decembro 2009
Revista Claridade. Nº 9
Economía somerxida e paraísos fiscais

Setembro 2010

1 2

 

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España