A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
A FUNDACIÓN:

Presentación da Fundación

    A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991).

    A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Jesús Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el.


    Con tal propósito, nas instalación da Fundación, creouse un Arquivo Histórico do Movemento Obreiro en Galicia, inscrito na Rede de Arquivos de Galicia, ao que se suma unha Biblioteca Especializada no Mundo do Traballo, integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia (D.O.G. de 16 de xullo de 2009). 


Obxecto e finalidade da Fundación
 

    A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos:

  • Fomentar o coñecemento e a difusión da historia do movemento obreiro e sindical en Galicia, e en particular da UGT.
  • Axudar ó estudio e comprensión da realidade socioeconómica e laboral de Galicia, así como das súas problemáticas, presentando conclusións, propostas ou solucións. 
  • Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas.
  • Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas.
  • Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio.
  • Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Central da UGT de Galicia e responsábel da súa xestión.
  • Xestionar e catalogar o fondo bibliográfico da Biblioteca Especializada no Mundo do Traballo da UGT de Galicia.
  • Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor.
  • Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas de interese para os traballadores e o mundo laboral.
  • Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns.
  • Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, para o mellor cumprimento dos fins antes salientados.

Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da historia do Traballo e dos movementos obreiros galegos. Ao mesmo tempo desenrola actividades de completa actualidade para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas.

Un dos proxectos presentes nos seus obxectivos, dende a súa constitución, é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos cidadáns que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra.

Para acadar todos estes obxectivos, a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia:

  • Organización de cursos, conferencias, congresos, xornadas, mesas redondas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais, económicos, históricos e sociais.
  • Edición, difusión e distribución de monografías e toda clase de publicacións de información, divulgación e formación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial, económico, histórico e social.
  • Recompilación, recuperación e conservación de tódolos documentos relacionados coa historia do Traballo e dos movementos obreiros en Galicia, para a súa posterior identificación, clasificación e descrición.
  • Catalogación e xestión dos fondos bibliográficos da Biblioteca Especializada no Mundo do Traballo.
  • Realización de traballos e proxectos de investigación da historia do Traballo e dos movementos obreiros galegos a través dos documentos e da historia oral.
  • Realización de exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais, económicos, históricos e sindicais.
  • Relación con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportar documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional.
  • Subscrición de acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas.
  • Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
 

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España