A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN:

    Outra das liñas de actuación fundamentais da Fundación son os proxectos de investigación, labor na que se ven destacando dende a súa creación e que colleu un forte impulso nos últimos anos, tanto polo número de investigadores que se sumaron aos proxectos como pola colaboración intensa con outras entidades e institucións. Froito destes traballos recuperouse material documental de moito valor para o arquivo e a investigación, tanto orixinais como copias (preferentemente dixitais), tales como correspondencia de Pablo Iglesias ou Largo Caballero, prensa obreira, estatutos e informes de xestión, etc. Os traballos de investigación tamén aportaron información actual da situación e as problemáticas socioeconómicas de Galicia. Nestes intres están desenvolvéndose diversos proxectos, dos que se poden destacar:

  1. Proxecto de Investigación para a elaboración do “Diccionario biográfico del socialismo español”, en colaboración coa Fundación Pablo Iglesias e integrados no seu equipo de investigación, estando ao cargo do apartado relativo a Galicia. Este proxecto, xa finalizado, continua agora cara á elaboración dun dicionario especifico e máis completo de Galicia, así como para a instalación dunha páxina de consulta, máis continua e completa, en internet do proxecto inicial.
  2. Proxecto de Investigación “O movemento obreiro en Galicia, que é un dos nosos proxectos máis ambiciosos e custosos, ao que nos vemos dedicando dende o ano 2006. 
  3. Proxecto de Investigación no Arquivo Militar de Ferrol, dixitalizando os consellos de guerra relacionados co movemento obreiro e os seus protagonistas.

    

A estes proxectos súmanse cursos, foros ou seminarios cos que se pretende afondar nas liñas de investigación abertas, difundir estas e achegar os traballos realizados e aos investigadores á Fundación, enriquecendo o coñecemento do movementos sociais en Galicia. 

Colaboracións

Nestes anos o número de historiadores, investigadores, arquiveiros e compañeiros que colaboraron ou colaboran nestes proxectos ou actividades foi salientábel. Por elo, estamos abertos á participación de todos aqueles profesionais ou interesados que queiran colaborar con nós, aportando información, presentando traballos, sumándonos ou sumándose a novos proxectos..., sempre coa intención de abrir un campo de comunicación entre profesionais e investigadores que enriqueza os coñecementos mutuos e a súa difusión entre a cidadanía, verdadeiro obxectivo dos nosos esforzos.

Entre as institucións que teñen asinado un convenio coa Fundación ou que veñen traballando con ela, están a Universidade de Santiago de Compostela, o Consello da Cultura Galega, a Radio Televisión de Galicia, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Francisco Largo Caballero, a Fundación Pablo Iglesias, Escola Viva, a Fundación Érguete, o Seminario Galego de Educación para a Paz, e un longo etc., aos que agradecemos a súa disposición e apoio.

www.diccionariobiografico.org

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España