A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
PREMIADOS 2014:
O premio Traballo Digno desta edición foi outorgado “Ós 61 de Santa Bárbara”. Sección Sindical de UGT, pola súa loita na defensa dos postos de traballo e da continuidade da actividade industrial da factoría coruñesa. O seu prolongado encerro contra o peche da factoría e a favor dun plan de viabilidade, aínda a costa de importantes riscos persoais, recibiu un amplo apoio social na cidade da Coruña e na súa comarca, conseguindo que o Goberno de España asumise o plan de viabilidade, aceptando abrir unha licitación pública para adxudicar a concesión das instalacións e recuperar a actividade industrial. 


O premio Acción Solidaria outórgase á Asociación ADICAE Galicia, asociación sen ánimo de lucro, pola súa destacada labor na defensa dos usuarios de bancos, caixas de aforro e seguros, defendendo os
intereses dos cidadáns fronte a banca e o poder financieiro, sobresaíndo a súa dedicación ós afectados das “participacións preferentes” en Galicia noutras comunidades autónomas. O seu traballo exténdese, na actualidade, a outros colectivos de consumidores e usuarios afectados por fraudes ou prácticas abusivas nos diversos sectores de actividade.    


O premio Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns, recaeu na Fundación LONXANET para a pesca sostible, pola súa adicación e traballo estrecho cos pescadores artesanais en aras da sostenibilidade social, económica e ambiental. O xurado valorou especialmente a contribución no fortalecemento da pesca artesanal e das súas poblacións, establecendo vínculos co sector pesqueiro e resolvendo as problemáticas destes pescadores, posicionándoos como guardianes dos ecosistemas acuaticos nos que realizan as súas actividades, en base ás boas prácticas e o desenrolo sostible, con proxectos como a creación de áreas marinas de interese pesqueiro coxestionadas, a constitución de Grupos de Acción Costeira, o Proxecto “Gestión Holística de la pesca Artesanal”, a promoción de debates europeos e espacios de intervención, a sensibilización da sociedade na sostenibilidade socioeconómica e ambiental, etc.      


O premio Investigación e Divulgación Histórica, recalou na xinecóloga Enriqueta Barranco Castillo e no catedrático da Universidade de Granada Fernando Girón Irueste, pola súa labor histórica, promoción e traballo na recuperación, dende os anos 80, da figura do intelectual, socialista, catedrático e médico galego, Alejandro Otero Fernández. Esta labor se iniciou coa realización dunha tese doutoral sobre Otero, que despois se completaría coa publicación da súa biografía e a creación da cátedra de investigación Alejandro Otero na Universidade de Granada. Así mesmo, tras 30 anos de estudo e investigación, publicaron novos traballos e colaboraron na creación dunha asociación na vila de Redondela, coa denominación do ilustre médico, nado na mesma, e participaron en numerosos actos e actividades culturais na procura de dignificar o nome de Alejandro Otero, tanto en Galicia como en Granada ou México, onde o seu labor tamén é recoñecido.














Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España