A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
CATÁLOGO DE PUBLICACIÓNS

"Entre la revolución y la reforma: Cuestión agraria y asociacionismo rural (1874-1939)":
AUTOR: VV.AA. EDITA: Fundación Luís Tilve. ISBN: 978-84-95773-19-7 D.L.: C 1522-2014 DISTRIBÚE: GALAXIA. P.V.P.: 10 €
"O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902-1936)"
AUTOR: Rocío Botana Iglesias. EDITA: Fundación Luís Tilve. ISBN: 978-84-95773-26-5 D.L.: C 2682-2012 DISTRIBÚE: GALAXIA. P.V.P.: 15 €  
CELSO EMILIO FERREIRO
AUTOR: Celso Emilio Ferreiro, Luis Ferreiro, et al.
EDITA: Fundación Luís Tilve.
ISBN: 978-84-95773-25-8
D.L.: C 2525-2012
DISTRIBUYE: Ed. Galaxia.
P.V.P: 9,50 €
 
 
Los derechos colectivos del juez. Un estudio de derecho comparado.
Autora: Lara M. Munín Sánchez.
Edita: Fundación Luís Tilve.
ISBN: 978-84-95773-24-1
D.L.: C 1362-2012
Prezo: 11 €
Historia do Movemento Obreiro Socialista en Ourense (1895-1936)
Autor: Francisco Javier Quintas Ferreño.
Edita: Fundación Luís Tilve.
ISBN: 978-84-95773-23-4
Prezo: 12 €
CLARIDADE. Nº 12. A empresa pública.
O novo número da revista Claridade pon o acento, dun xeito singular, sobre a empresa pública e por extensión, "no público", no compartido, no que é de todos, como filosofía e como valor a recuperar.
CLARIDADE Nº11: Traballo e Consumo.
A revista da Fundación aborda nesta ocasión o importante tema do consumo, os consumidores e os abusos e manipulacións que estes sufren.
Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ó servizo da República
Autor: Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez.
ISBN: 978-84-95773-22-7
Prezo: 12 €
As viaxes de Pablo Iglesias por Galicia
Autor: Emilio Garrido Moreira
Edita: Fundación Luís Tilve
ISBN: 978-84-95773-21-0
Prezo: 12 €
Las Memorias Olvidadas. Los desheredados de la Guerra Civil Española.
Autor: Rosa María López González.
Edita: Fundación Luís Tilve.
ISBN: 978-84-95773-20-3
Prezo: 13 €

          1 2 3 4 5 6           Siguiente

 

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España